Thèse Année : 2025

L'intonation dans le contact linguistique entre le mirandais et le portugais

A entoação no contacto linguístico entre o mirandês e o português

Résumé

L’étude de la langue mirandaise remonte à la fin du XIXe siècle avec les travaux de J. L. de Vasconcellos, O Dialecto Mirandez. À partir de là, plusieurs études ont été réalisées sur le mirandais, le considérant tantôt comme un dialecte, tantôt comme un parler, du fait qu’il ne fait pas partie de la famille linguistique galaïco-portugaise. En tant que langue de tradition orale, la première convention orthographique a été créée en 1999 afin d’unifier et de systématiser l’orthographe du mirandais. Bien que le mirandais ait fait l’objet de quelques études linguistiques, celles-ci ont principalement porté sur le lexique (Martins, 2006) et la phonologie (Vasconcellos, 1900 ; Carvalho, 2015 [1958]). Les études sur la phonologie prosodique et intonative du mirandais sont relativement rares. Ce n’est que récemment, dans le cadre du projet AMPER, que l’on a commencé à observer les schémas intonatifs du mirandais, en ayant recours à l’analyse phonétique de la fréquence fondamentale. La présente étude se concentre sur l’analyse de l’impact du contact linguistique entre le mirandais et le portugais, en mettant un accent particulier sur l’intonation. Cette recherche vise à combler une lacune dans les connaissances sur la phonologie intonative du mirandais et cherche à comprendre comment le contact avec le portugais peut influencer les schémas prosodiques du mirandais. Malgré son importance culturelle et identitaire, le mirandais fait l’objet de peu de recherches dans le domaine de l’intonation, en particulier dans un contexte de contact linguistique, ce qui rend cette étude innovante et pertinente pour les recherches sur les langues minoritaires en situation de contact. Cette étude se divise en deux grands axes : le premier porte sur l’analyse des schémas intonatifs des variétés du mirandais et du portugais et le second analyse les effets du contact linguistique. L’étude a pour objectifs spécifiques de décrire les schémas intonatifs du mirandais et du portugais, et d’évaluer dans quelle mesure ces schémas sont influencés par le contact linguistique. La création d’un inventaire intonatif pour le mirandais vise à documenter les structures intonatives caractéristiques de cette langue et à les comparer avec celles du portugais afin d’observer convergences et divergences. En outre, on espère développer un système d’annotation de l’intonation et de la grammaire prosodique du mirandais, qui pourrait constituer un outil essentiel pour de futures études, contribuant ainsi à la documentation et à la préservation de cette langue. De cette manière, l’étude ne comble pas seulement une lacune dans les recherches sur l’intonation du mirandais, mais elle renforce également la compréhension des dynamiques prosodiques des langues minoritaires en contact avec des langues dominantes. Pour explorer ces aspects, la présente étude adopte un ensemble de procédures méthodologiques utilisées dans les recherches sur d’autres langues romanes, incluant la collecte de données de parole spontanée ou s’en approchant autant que possible. Cette collecte est effectuée à travers deux tâches : une tâche de discourse completion task et une interview, visant à fournir un échantillon représentatif des deux langues. Le corpus analysé inclut des structures déclaratives (neutres et non neutres), interrogatives (neutres et non neutres), interrogatives partielles (neutres et non neutres), interrogatives écho (neutres et non neutres), impératives et des vocatifs. L’analyse des données est menée à la lumière des modèles de phonologie prosodique, de l’approche autoségmentale métrique de la phonologie intonative et dans le cadre ToBI (Pierrehumbert, 1980 ; Beckman & Pierrehumbert, 1986 ; Nespor & Vogel, 1986 ; Beckman et al., 2005 ; Ladd, 2008 ; entre autres), qui offrent une description de la réalisation phonétique et de la représentation phonologique des accents tonals et des tons de frontière. Nos résultats d’analyse intonative montrent que les variétés du mirandais et la variété de portugais parlée à Miranda do Douro partagent des caractéristiques prosodiques, mais présentent également certaines différences. En ce qui concerne les similitudes, le mirandais et le portugais partagent le même accent pré-nucléaire (L*+H) dans les types phrastiques analysés et présentent un schéma similaire quant à la réalisation des configurations nucléaires de divers types phrastiques, comme par exemple : l’utilisation d’une frontière basse (L%) pour marquer l’interrogativité, un ton haut associé à la syllabe tonique (H*) pour marquer le focus ou l’emphase, un même mouvement descendant dans les interrogatives partielles, un mouvement ascendant-descendant dans les interrogatives écho, le mouvement H*+L L% pour marquer les ordres, L* L% pour marquer les requêtes. En ce qui concerne les différences observées, le mirandais et le portugais utilisent différentes catégories phonologiques pour exprimer, par exemple, des déclaratives SVO neutres, et utilisent un alignement différent pour les interrogatives écho non neutres ainsi que pour les appels. La comparaison des systèmes prosodiques du mirandais et du portugais parlé à Miranda do Douro avec l’asturo-léonais et la variété standard du portugais européen (PE) montre que le substrat asturo-léonais est présent dans le système intonatif actuel du mirandais, bien que celui-ci présente également certaines caractéristiques transférées du portugais (par exemple, la marque du focus ou de l’emphase, les déclaratives SVO neutres, les impératives). L’intonation de la variété de portugais parlée à Miranda do Douro montre un transfert de certaines caractéristiques du mirandais, comme les accents pré-nucléaires et les déclaratives SVO neutres. On peut également observer que le portugais parlé à Miranda do Douro présente davantage de traits du mirandais que de la variété standard du PE. Ainsi, il semble que l’intonation de cette variété de portugais résulte d’un transfert de caractéristiques du mirandais vers le portugais. Nos résultats nous permettent de considérer que les variétés parlées dans le nord-ouest de la péninsule Ibérique font partie d’un diasystème. Nous comprenons que ce diasystème comporte des caractéristiques grammaticales similaires, en l’occurrence prosodiques, ce qui nous amène à envisager l’existence d’une (proto)grammaire commune aux variétés de cette zone géographique (Dubert-García, 2017 ; Fernández Rei, 2019c).

O estudo da lingua mirandesa remóntase aos finais do século XIX co traballo de J. L. de Vasconcellos, O Dialecto Mirandez. A partir de aí, realizáronse varios estudos sobre o mirandés, considerándoo ás veces como dialecto e outras como fala, por tratarse dunha lingua que non pertence á familia lingüística do galego-portugués. Sendo unha lingua de tradición oral, en 1999 creouse a primeira convención ortográfica para unificar e sistematizar a ortografía mirandesa. Aínda que o mirandés sexa obxecto dalgúns estudos lingüísticos, estes teñen privilexiado o estudo do léxico (Martins, 2006) e da fonoloxía (Vasconcellos, 1900; Carvalho, 2015[1958]). Os estudos sobre fonoloxía prosódica e entoacional do mirandés son relativamente escasos. Só recentemente, no ámbito do proxecto AMPER, comezaron a observarse os patróns entoacionais do mirandés, recorrendo á análise fonética da frecuencia fundamental. O presente estudo céntrase na análise do impacto do contacto lingüístico entre o mirandés e o portugués, con especial atención á entoación. Esta investigación busca encher unha lagoa no coñecemento sobre a fonoloxía entoacional do mirandés e procura comprender como o contacto co portugués pode influír nos patróns prosódicos do mirandés. O mirandés, a pesar da súa importancia cultural e identitaria, conta con pouca investigación no campo da entoación, especialmente no contexto de contacto lingüístico, o que fai que este estudo sexa innovador e relevante para os estudos sobre linguas minoritarias en situacións de contacto. Este estudo divídese en dúas áreas principais: unha primeira centrada na análise dos patróns entoacionais das variedades do mirandés e do portugués, e unha segunda que analiza os efectos do contacto lingüístico. Os obxectivos específicos do estudo inclúen describir os patróns entoacionais do mirandés e do portugués e avaliar en que medida estes patróns están influídos polo contacto lingüístico. A creación dun inventario entoacional para o mirandés busca documentar as estruturas entoacionais características desta lingua e comparalas co portugués para observar converxencias e diverxencias. Ademais, espérase desenvolver un sistema de anotación para a entoación e gramática prosódica do mirandés, que poderá ser unha ferramenta esencial para futuros estudos, contribuíndo á documentación e preservación desta lingua. Así, o estudo non só enche unha lagoa nos estudos sobre a entoación do mirandés, senón que tamén fortalece o coñecemento das dinámicas prosódicas en linguas minoritarias en contacto con linguas dominantes. Para investigar estes aspectos, o presente estudo adopta un conxunto de procedementos metodolóxicos utilizados en investigacións sobre outras linguas románicas, incluíndo a recollida de datos de fala espontánea ou o máis próximo posible a este contexto. Esta recollida realízase a través de dúas tarefas: a discourse completion task e a entrevista, que buscan proporcionar unha mostra representativa das dúas linguas. O material analizado inclúe estruturas declarativas (neutras e non neutras), interrogativas (neutras e non neutras), interrogativas parciais (neutras e non neutras), interrogativas eco (neutras e non neutras), imperativas e chamamentos. A análise dos datos faise á luz dos modelos de Fonoloxía Prosódica, a perspectiva Autossegmental-Métrica da Fonoloxía Entoacional e no marco ToBI (Pierrehumbert, 1980; Beckman & Pierrehumbert, 1986; Nespor & Vogel, 1986; Beckman et al., 2005; Ladd, 2008, entre outros), que fornecen unha descrición da realización fonética e da representación fonolóxica dos acentos tonais e tons de fronteira. Os resultados da análise entoacional mostran que as variedades do mirandés e a variedade do portugués falada en Miranda do Douro comparten características prosódicas, pero tamén evidencian algunhas diferenzas. No que respecta ás semellanzas, o mirandés e o portugués comparten o mesmo acento prenuclear (L*+H) nos tipos frásicos analizados e presentan un patrón semellante na realización das configuracións nucleares de diversos tipos frásicos, como por exemplo, o uso da fronteira baixa (L%) para a marcaxe da interrogatividade, o ton alto asociado á sílaba tónica (H*) para a marcaxe de foco ou énfase, o mesmo movemento descendente nas interrogativas parciais, o movemento ascendente-descendente nas interrogativas eco, o movemento H*+L L% para a marcaxe de ordes e L* L% para a marcaxe de peticións. En canto ás diferenzas, o mirandés e o portugués fan uso de diferentes categorías fonolóxicas para expresar, por exemplo, declarativas SVO neutras e empregan un aliñamento diferente nas interrogativas eco non neutras e nos chamamentos. A comparación dos sistemas prosódicos do mirandés e do portugués falado en Miranda do Douro co asturleonés e coa variedade estándar do portugués europeo (PE) mostran que o substrato do asturleonés está presente no sistema entoacional actual do mirandés, a pesar de que este presenta algunhas características transferidas do portugués (p. ex., marcaxe de foco ou énfase, declarativas SVO neutras, imperativas). A entoación da variedade do portugués falada en Miranda do Douro evidencia a transferencia de certas características do mirandés, como por exemplo os acentos prenucleares e as declarativas SVO neutras. Tamén podemos observar que o portugués falado en Miranda do Douro presenta máis características do mirandés que da variedade estándar do PE. Por iso, parece que a entoación da variedade do portugués falada en Miranda do Douro é o resultado dunha transferencia de características do mirandés ao portugués. Os nosos resultados permiten considerar que as variedades faladas no noroeste da Península Ibérica forman parte dun diasistema. Entendemos que este diasistema comporta características gramaticais semellantes, neste caso, prosódicas, o que nos leva a considerar a existencia dunha (proto)gramática común ás variedades desta área xeográfica (Dubert-García, 2017; Fernández Rei, 2019c).

O estudo da língua mirandesa remonta aos finais do século XIX com o trabalho de J. L. de Vasconcellos, O Dialecto Mirandez. A partir daí, foram feitos vários estudos sobre o mirandês, considerando-o umas vezes como dialeto e outras como falar por se tratar de uma língua que não pertence à família linguística do galego-português. Sendo uma língua de tradição oral, em 1999 criou-se a primeira convenção ortográfica de forma a unificar e sistematizar a ortografia mirandesa. Embora o mirandês seja objeto de alguns estudos linguísticos, estes têm privilegiado o estudo do léxico (Martins, 2006) e a fonologia (Vasconcellos; 1900; Carvalho, 2015[1958]). Os estudos sobre fonologia prosódica e entoacional do mirandês são relativamente escassos. Apenas recentemente, no âmbito do projeto AMPER, se começou a observar os padrões entoacionais do mirandês, recorrendo à análise fonética da frequência fundamental. O presente estudo foca-se na análise do impacto do contacto linguístico entre o mirandês e o português, com especial atenção na entoação. Esta investigação visa colmatar uma lacuna no conhecimento sobre a fonologia entoacional do mirandês e procura compreender como é que o contacto com o português pode influenciar os padrões prosódicos do mirandês. O mirandês, apesar de sua importância cultural e identitária, possui pouca investigação no campo da entoação, principalmente no contexto de contacto linguístico, o que torna este estudo inovador e relevante para os estudos sobre línguas minoritárias em situações de contacto. Este estudo divide-se em duas principais áreas: uma primeira focada na análise dos padrões entoacionais das variedades do mirandês e do português e uma segunda que analisa os efeitos do contato linguístico. O estudo tem como objetivos específicos descrever os padrões entoacionais do mirandês e do português e avaliar em que medida é que esses padrões são influenciados pelo contacto linguístico. A criação de um inventário entoacional para o mirandês visa documentar as estruturas entoacionais características dessa língua e compará-las com o português para observar as convergências e divergências. Além disso, espera-se desenvolver um sistema de anotação para a entoação e gramática prosódica do mirandês, que poderá ser uma ferramenta essencial para futuros estudos, contribuindo para a documentação e preservação dessa língua. Desta forma, o estudo não preenche apenas uma lacuna nos estudos sobre a entoação do mirandês, mas também fortalece o conhecimento das dinâmicas prosódicas em línguas minoritárias em contato com línguas dominantes. Para investigar esses aspetos, o presente estudo adota um conjunto de procedimentos metodológicos utilizados em investigações sobre outras línguas românicas, incluindo a recolha de dados de fala espontânea ou o mais próximo possível desse contexto. Essa recolha é realizada através de duas tarefas: a discourse completion task e a entrevista, que visam proporcionar uma amostra representativa das duas línguas. O material analisado incluir estruturas declarativas (neutras e não neutras), interrogativas (neutras e não neutras), interrogativas parciais (neutras e não neutras), interrogativas eco (neutras e não neutras), imperativas e chamamentos. A análise dos dados é feita à luz dos modelos de Fonologia Prosódica, da abordagem Autossegmental Métrica da Fonologia Entoacional e no quadro ToBI (Pierrehumbert, 1980; Beckman & Pierrehumbert, 1986; Nespor & Vogel, 1986; Beckman et al. 2005; Ladd, 2008; entre outros) que fornecem uma descrição da realização fonética e da representação fonológica dos acentos tonais e tons de fronteira. Os nossos resultados da análise entoacional mostram-nos que as variedades do mirandês e a variedade do português falada em Miranda do Douro partilham características prosódicas, mas também evidenciam algumas diferenças. No que diz respeito às semelhanças, o mirandês e o português partilham o mesmo acento pré-nuclear (L*+H) nos tipos frásicos analisados e apresentam um padrão semelhante no que diz respeito à realização das configurações nucleares de diversos tipos frásicos, como por exemplo, o uso da fronteira baixa (L%) para marcação da interrogatividade, o tom alto associado à sílaba tónica (H*) para marcação de foco ou ênfase, o mesmo movimento descendente nas interrogativas parciais, o movimento ascendente-descendente nas interrogativas eco, o movimento H*+L L% para marcação de ordens, L* L% para marcação de pedidos. No Considerando as diferenças que encontrámos, o mirandês e o português fazem uso de diferentes categorias fonológicas para veicular, por exemplo, declarativas SVO neutras e fazem uso de um alinhamento diferente das interrogativas eco não-neutras e nos chamamentos. A comparação dos sistemas prosódicos do mirandês e do português falado em Miranda do Douro com o asturo-leonês e a variedade padrão do PE mostram-nos que o substrato do asturo-leonês está presente no sistema entoacional atual do mirandês, apesar de este apresentar algumas características transferidas do português (p.e. marcação de foco ou ênfase, declarativas SVO neutras, imperativas). A entoação da variedade do português falada em Miranda do Douro evidencia a transferência de certas características transferidas do mirandês, como por exemplo os acentos pré-nucleares e as declarativas SVO neutras. Também podemos observar que o português falado em Miranda do Douro apresenta mais características do mirandês do que da variedade padrão do PE. Por isso mesmo, parece-nos que a entoação da variedade do português falada em Miranda do Douro é o resultado de uma transferência de características do mirandês para o português. Os nossos resultados permitiram-nos considerar que as variedades faladas no noroeste da Península Ibérica fazem parte de um diassistema. Entendemos que este diassistema comporta características gramaticais semelhantes, neste caso, prosódicas, levando-nos a considerar a existência de uma (proto)gramática comum às variedades nesta área geográfica (Dubert-García, 2017; Fernández Rei, 2019c).

Fichier principal
Vignette du fichier
Versão_FINAL.pdf (25.22 Mo) Télécharger le fichier

Dates et versions

tel-05059873 , version 1 (07-05-2025)

Licence

Identifiants

  • HAL Id : tel-05059873 , version 1

Citer

Pedro Guedes de Oliveira. A entoação no contacto linguístico entre o mirandês e o português. Linguistics. Universidade de Santiago de Compostela, 2025. Portuguese. ⟨NNT : ⟩. ⟨tel-05059873⟩
104 Consultations
130 Téléchargements

Partager

  • More