Mobilidade e protección: unha aproximación comparativa do desenvolvemento de formas de axuda mutua en Francia e Arxentina
Résumé
O traballo intenta abrir un novo espazo de reflexión na intersección de dous campos de investigación até agora alleos un ao outro: a historia das migracións e a da construción do Estado social. Nel postúlase que os migrantes, e de maneira máis xeral a mobilidade, son unha variable que non debería desatenderse cando nos interrogamos sobre as configuracións dunha teoría e unha práctica da protección e da asistencia no marco dos Estados nacionais. Para expoñer esta cuestión a autora parte dunha aproximación comparativa do desenvolvemento do movemento mutualista en dous países de inmigración: Francia e Arxentina. A través dela inténtase explicar tanto a diferente participación dos estranxeiros no movemento mutualista nos dous países coma o lugar que ese movemento tería na construción do estado social nos dous países.